Restaurante sabe

Sabe Restaurante está ubicado dentro do complexo turístico “Las horas perdidas”, unha casona típica galega do 1758, rehabilitada como hospedaxe e enclavada nunha impresionante paraxe natural.

Ó frente desta nova andadura gastronómica están: Fran Fontana, responsable de hospedaxe e sala e Santi Almuiña, xerente e cociñeiro do mesón Colón de Nadela, ó mando dos fogóns.

Encher de sabor o ceo da boca é a máxima aspiración de Sabe. Xogamos con producto de tempada, proximidade e máxima calidade para crear pratos innovadores con guiños á cociña internacional. Almuiña viaxa polas cociñas de medio mundo en busca dos sabores de cada sitio para sorprendernos coas súas misturas.

Reservas

Teléfono

+34 982 54 32 32

Horario

Mércores a domingo 13:30 - 16:00

Xoves a sábado 21:00 - 23.00